viernes, 13 de agosto de 2021

Fulancho

 O tofu é un alimento elaborado a partir da soia, moi rico en proteína vexetal, moi apreciado na cocina xaponesa. Este produto, que adoita presentarse en forma de cubos, estase popularizando en Occidente cada vez máis, aínda que sei que Manuel pensa que o Tofu non é comida para humano.

 Algo semellante pasoume coa orella de porco.

Cando vin un comensal  pinchando con palillo unha cousa fina e branca nun bar, imaxinei que debe de ser algunha parte dun animal. A min paréceme noxento a súa forma, e cando souben que era a orella de porco, sentín aínda máis repugnancia, aínda que case todas as persoas que estaba ao meu arredor levábanse este anaco branco á boca mentres daban un sorbo ao viño ou cervexa.

Desde entón pasou moito tempo, un día de verán, despois dun bo baño cunhas amigas nunha praia de area fina con numerosos restos de conchas, decidimos ir ao fulancho. Nesta época nas Ría Baixa uns centos de casas particulares convértense nun fulancho, é dicir, un lugar onde ofrecen o excedente de viño da colleita familiar, acompañando tapas caseiras. Improvisando o seu garaxe, terraza ou baixo da vivenda, instalan mesas case pegadas con outras.

Menos mal que entre nosa había unha galega “autóctona” damos  chegado á “casa de Pepe”, o fulancho. Pero se teño que che dicir onde estaba, non teño a idea, só lembro que era unha casa de pedra e á entrada había unha árbore enorme de aguacate. O local xa estaba case chea de grupos de familias e amigos e  A miña sorpresa foi que todas as miñas amigas pediron un viño tinto e a tapa de orella de porco.

Elas insistíronme que a probase, dicíndome que porque ten pouca calorías, pero ten moito coláxeno que é excelente para manter a pel bonita, e sobre todo, porque estamos no fulancho.

E esta última me convenceu. Non se podería dicir que me gustaba esta textura xelatinosa, pero podería dicir que se non soubese que fose orella, quizais me gustaba máis.

 En Xapón hai un pastel que chamase “Taiyaki”, que significa literalmente “besugo asado”, é unha sorte de gofre con recheo de xudia azuki endulzadas, chamámola “besugo” pola súa forma de peixe. Penso que non é o mesmo comer un gofre con xudia que un Taiyaki, así que suxerín uns refinamentos  de nome deste tapa, os cales xa non me lembro, pero lémbrome de que todo os nomes suxeridos desacreditados inmediatamente. A orella e porco é a orella de porca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario