Cando era nova coñecín a un
gaditano, con quen acordei vivir xuntos ás dúas semanas, intercambiando a ideas
con 50 palabras de castelán que eu dominaba a duras penas e con moitas
repeticións e risas. Con el e cos nosos
dous fillos vivimos 7 anos en Xapón e 20 anos en Cádiz.
Cando o amor que tivemos ao
principio desapareceu entre problemas e asuntos banais diarios e o noso
matrimonio funcionaba por inercia e polos fillos, decateime de que xa non tiña
sentido de continualo. Daquela os noso fillos eran a maiores de idades, asinei
os documentos do divorcio, sentíndome como me graduaba o matrimonio. Logo
atopei un traballo de profesora de xaponés en Galicia onde quería vivir hai
moito tempo.
Considérome moi afortunada por
poder vivir en dous ou tres mundos, contando con Cádiz, ben diferentes. Ademais
a min non me custou moito adaptarme á vida española, é como poñerse zapatos
máis grandes que osteus, se fose o contrario, é dicir, cambiar a vida en España
á de Xapón, creo que che doerían bastante os pés. En Xapón recibín unha
educación bastante estrita e esixente que inculcan a disciplina nas mentes de
todos os nenos dos arquipélagos nipóns. Ademais vivía co xintoísmo que máis influíu
no temperamento de xaponeses dende miles de años ata hoxe en día.
O xintoísmo é unha
relixión autóctona de Xapón, nada da admiración cara á natureza. Esta
admiración fainos crer nunha espiritualidade divina e esta é a orixe de
Xintoísmo. Eu aprendín as súas mensaxes escoitando o son do vento no bosque de
bambú, vindo como caer unha pinga de choiva da folla do pinos, sentada a carón
do cereixo que se estende os petalos das súa flores arreo.
No Xintoísmo non hai regras como, por exemplo, os dez mandamentos,
hai só costumes, como xuntar mans para mostrar respecto e gratitude, e algunhas
regras baseadas no sentido común, como non mentir, non roubar. Pódense dicir
que a relixión é unha ensinanza lóxica para dirixir a xente como vivir, e o
xintoísmo é unha sentimento primitivo con que ensina vivir coa natureza.
Creo que é o mesmo que
teñen todos os galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario