sábado, 31 de julio de 2021

A orella do porco

 

Eu nacín nunha zona residencial ás aforas de Osaka, os meus pais eran asalariados, no xardín da miña casa florecían camelias e nadaban peixes dourados, pero nunca vin as plantas de patacas nin de millos, xa que a miña familia non se lle ocorría cultivar os alimentos, nin tiña a mente da “produción”. Todas as cousas que necesitaba estaban no mercado ou súper, e conseguíaos con cartos. Ademais aínda que a tivese tampouco podería facelo, pois non había sitio no noso minúsculo xardín, nin tivo o coñecemento para o cultivo. Non vivimos escaseza pero xusto o necesario, modesto. O mercar algo a prezo baixo nunha oferta era un acontecemento que alegraba a miña familia.

 Por iso impresionoume moito cando fun invitada á casa de Manuel, que está no interior da Galicia, na comarca de Deza. 

Alí a palabra “abundancia” é o denominador común.  Detrás da enorme vivenda de pedra hai almacén que ten varias portas, onde hai dous xigantes conxeladores que gardaban as colleitas de verán, unha ringleira de estantería ateigada de botes de conservas, unha morea de caixa de verduras e froitas que conservan durante meses no seu estado natural, e ao lado colgaban xamóns, lacóns e todo os tipos de embutidos.

 -Como é posible consumir todo isto!-pensei.

E iso foi antes de decatarme de que a casa está rodeada de centos árbores froitais, que case están a romper as súas polas polo peso da súas propias froitas, de ver horta e o galiñeiro .

-Pero a casa xa non era como antes, aquí habían vacas, porcos e cabras, e sobre todo, traballaba moita xente.-dixo Luz, a nai de Manuel mentres quentaba a comida da pota de barro. Ao seu lado, como o seu testemuño, amantáronse as potas de tamaño de hostaleira.

Xantamos no recuncho da enorme mesa da cociña, a comida era copiosa e exquisita. As verduras recentemente collidas da horta, o polo asado, que a súa textura e sabor me dicían claramente que fora unha galiña que corría felizmente no campo.

-Mataches a galiña?

-Si, é para comer. Antes tamén facíamos a matanza na casa. Estamos acostumados.

-Pero berra o porco, non?

-Se o están matándo, como non ía berrar?

Manuel despreza e rise do meu sentimentalismo. Pero son sensible por unha banda, por ser urbanista, e pola outra, tradicionalmente na dieta xaponesa non incluía a carne.

   Claro que en Xapón tamén había galiñas pero as galiñas que anuncian a chegada da mañá eran mensaxeiras dos deuses, polo tanto non se comían. Había vacas, pero unha vaca non era vista como unha fonte de alimento senón como un elemento de traballo e indirectamente como un sustento familiar. As vacas traballaban nos arrozais, servían de medio de transporte e ademais utilizaban os seus excrementos. Imaxino que aínda que morrese non se podía comer, é algo parecido ao caso do can de hoxe, que é un animal de compañía. O leite de vaca era para tenreiros, tampouco se usaba, non había produtos lácteos.

Tan só uns séculos antes, pola influencia da occidentalización, estendeuse  o consumo da carne en Xapón, e agora eu pola influencia dos galegos, como ata orella do porco.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario