O chourizo á verza ben feito é algo delicioso. É unha comida campestre de orixe labrega. Facíase normalmente no inverno, no que os días eran pequenos e estaban o suficientemente lonxe para que non pagara a pena voltar á casa a xantar porque non quedaría tarde dabondo para rematala labor.
A receita é moi sinxela: un chourizo envolto nunha verza de repolo ou col e esta envolta nun papel ben apertada.
Facíase unha fogueira e cando houbera brasas, cavábase de lado un burato no que se metían os chourizos envoltos e tapábase cun pouco de terra e coas brasas. E esperar unha media hora máis ou menos.
Como se facía no inverno aproveitaban o lume para quentarse e de paso facer, se se dera o caso, uns torresmos ao espeto, que consistía en espetar nun pau o longodabondo para non se queimar coas brasas unha magra de touciño (os xamóns vendíanse)
Finalmente desenterrábanse os paquetes e extraíase a longaniza que se comía nun anaco de pan de centeo ou de millo. Exquisito
No hay comentarios:
Publicar un comentario