sábado, 3 de julio de 2021

A morriña

 Penso que son unha persoa que sentía a morriña de Galicia antes de vir aquí, era entón vivía en Cádiz, onde só chovía tres días ao ano e brillaba o Sol intensamente desde as 6 de mañá, onde lle encantan todos os turistas do mundo. Pero eu non o sentía como o meu "hábita" axeitado, quizais por ser xaponesa.

Baixo as palmeiras na praia da costa do Sol, eu miraba as fotos dos bosques frondosaso de carballo, castiñeiro, salgueiro e bidueiro das ribeiras de Galicia, ata case escoitar os sons de auga que percorren. fuxíame un suspiro, non só pola admiración senón por non poder atoparme alí. Xa que son as paisaxes que á vez contemplaba en Xapón, cando era pequena.

Un ano decidía facer o Camiño de Santiago por que era o ano santo e que unha amiga de Madrid me animou para que poidamos facer un encontro en Santiago.

Era inverno, cando pasei por O Cebreiro, tiña que camiñar pola neve. Estaba aterecida, pero como era o día de Nadal, despois de deixar a miña equiñaxe no albergue, fun á capela de San Francisco que estaba a beira.

Na capela só estaba o cura, e ao verme, pediume que lese unhas frases da Biblia para a misa. Ao fin chegaron uns cinco persoas máis para a misa, e cando me tocaba ler a Biblia decateime de que na parte que tiá que ler había unha frase que dicía:

Adóptoche, a miña filla.

Sentinme moi ben porque pensei que iso era coma se fose que un Deus de Galicia rumoreoume estas palabras ao oído.

Logo o cura repartiu cruces de franciscano como agasallo de Nadal. Púxenma e desde entón sempre lévoa, pola miña sorpresa, o ano seguinte atopou un traballo en Galicia, nunca imaxinaba que chegaría a dar clase de xaponés con esa cruz posta en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario